Publicacións

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DA ESO DE CULTURA CLÁSICA E LATÍN A SANTA EULALIA DE BÓVEDA E LUGO ROMANO

Imaxe
Pridie Nonas Apriles, Pr. Non. Apr ., o alumnado de cultura e latín da ESO fixo un largo percorrido por terras luguesas, a ruta que nos chamamos Vestigia- Ἀρχαῖα , coa intención de descifrar a linguaxe das pedras e interpretar a   pegada e herdanza que nos quedou tras a romanización da Gallaecia.  

MOSTELLARIA NO PATIO DE BUTACAS DO IES MARÍA CASARES

Imaxe
Mostellaria  é unha comedia de Plauto. Poderíamos traducila como A casa con duende ou pantasma , ou como A casa encantada. É unha comedia de enredo clásico grecorromana que nos leva a unha rúa de Atenas. Coa entrada da primavera puidemos gozar dunha encantada comedia, executada pola compañía  Corzo Producións  no salón de actos do instituto, onde os alumnos de Cultura Clásica, Grego, Latín e o alumnado de PDC sacaron os seus mellores sorrisos. Parabéns aos actores e actrices!!!    

IV EDICIÓN DO CAMPIONATO DE XADREZ

Imaxe
  Na final da IV edición do Campionato de Xadrez, estreamos un taboleiro xigante no   exterior do noso centro. Foi o escenario, despois dunha semana na que os participantes despregaron todas as súas habilidades xadrecísticas, dun disputado remate do torneo ao que chegaron os que mellor manexaron as súas destrezas neste xogo milenario. Os alumnos que disputaron a gran final foron: Raziel Mendoza e Martín Lage, na categoría de ESO, e Sebastián López e Adrián Vidal na categoría de Bacharelato. Proclamáronse campións: Raziel Mendoza (ESO) Sebastián López (Bacharelato) Moitos parabéns aos campións por esta merecida victoria!!