Publicacións

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

  O concurso de portas de Samaín  tivo como gañadores aos grupos de 3º ESO B e de 2º ESO C, que recibirán como premio un almorzo saudable. No seguinte vídeo podedes ver o nivel tan alto que tivemos este ano na “terrorífica” decoración das portas. MOITOS PARABÉNS AOS GRUPOS GAÑADORES!!

CONCURSO DE DOCES DE SAMAÍN 2024

Imaxe
Un ano máis celebramos o Samaín con varias actividades participativas. A máis suculenta foi o concurso de doces, que permitiu aos membros do xurado degustar uns impresionantes pasteis e galletas cunha decoración “de medo”. A continuación, podedes ver unhas imaxes dos doces presentados e dos participantes.  Moitos parabéns a todos!!!

SAÍDA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE A CORUÑA NO CASTELO DE SAN ANTÓN

Imaxe
  Ás dez treinta horas do día 29 de outubro o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3° de ESO e  4° de ESO  comenzaron o seu percorrido dun parasanga desde o IES María Casares ao Castelo de San Antón, coa finalidade de coñecer de primera man os restos arqueolóxicos romanos e castrexos ou galiacos no seu contexto. A expedición foi todo un éxito,   ergo  estamos feitos uns romanos galaicos!!!

CHEGOU O SAMAÍN...

Imaxe
  Un curso máis celebramos á chegada do Samaín con varias actividades: concurso de decoración de portas, concurso de doces, decoración de cabazas... A tradicional exposición dos fondos de literatura de terror e misterio da nosa biblioteca non pode faltar. Podedes ver algúns deles no vestíbulo de entrada ao centro. Se estades interesados nalgún título, non dubidedes en vir preguntar á biblioteca. Xa sabedes que… A vida non é divertida sen un bo susto!!!!

BENVIDOS Á BIBLIOTECA!!!

Imaxe
 Despois dun ano de transición, empezamos o curso con enerxías renovadas no novo espazo da biblioteca. Non está aínda todo feito, pero xa podemos gozar da comodidade dun lugar de estudo e de lectura apropiado. Disfruta das túas lecturas nos nosos recunchos!! Benvidos ao curso 2024-2025!!

VISITA DOS FUTUROS ALUMNOS DO IES MARÍA CASARES

Imaxe
  Estes días recibimos a visita dos alumnos de 6º do CEIP Isidro Parga Pondal e do CEIP Luis Seoane. A finalidade é que coñezan o instituto e afronten con máis tranquilidade o paso á unha nova etapa escolar. Na imaxe podedes ver un grupo coñecendo a nosa biblioteca escolar. Benvidos!!

UNHA BIBLIOTECA EN CONSTRUCIÓN

Imaxe
Dende o equipo de biblioteca queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa, que participou e colaborou na reconstrución deste motor do instituto, para que luza o mellor que poida a súas novas galas.  

CONVERSA CON SUSO BELLO

Imaxe
 O xoves 9 de maio, o alumnado de Literatura Galega do século XX e actualidade tivo a oportunidade de conversar con Suso Bello, director de fotografía de ampla traxectoria profesional e varias veces galadoado nos premios Mestre Mateo. Foi unha charla enriquecedora onde tivemos a oportunidade de coñecer o seu complexo traballo e de descubrir onde se poden realizar estudos para desempeñar a súa profesión. Agradecémoslle a súa presenza no centro.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Imaxe
Despois do Obradoiro de creación poética marcado pola figura de Luisa  Villalta da man de Antía Otero o mes pasado: Damos comezo á semana das nosas letras, as Letras Galegas. Como todos sabedes, este ano conmemórase na honra da escritora coruñesa Luísa Villalta.   O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca do IES María Casares, contando coa colaboración do Departamento da Lingua Galega, levaron a cabo unha serie de actividades e proxectos.   Por unha banda, observamos a seguinte imaxe que fala por si soa. Trátase da recomendación dun libro onde están recollidas todas as persoas homenaxeadas o día 17 de maio dende 1963.   Por outra banda, alumnado de varios cursos da ESO fixeron un bookface . Trátase de fundirte na propia portada dunha obra literaria. Aquí mostramos algúns exemplos:   Con isto, desexámovos dende o IES María Casares un feliz Día das Letras Galegas e despedímonos con uns versos da propia autora. Non abonda a palabra recitada para fechar