Despois de varios meses de traslado de libros desde a vella biblioteca, chegou o momento de inaugurar oficialmente o novo espazo da biblioteca escolar. O día elixido non podería ser mellor: o Día do Libro. No acto inaugural estivo presente a concelleira de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Oleiros, María José Santos Zas, e contou coa participación dun grupo de alumnos que leron textos seleccionados: Hugo Sierra (4º ESO A), Daniela Mariño (2º ESO C), Marina Paz (4º ESO A) y Felipe Polo (2º ESO C) Ademáis, o coro do IES María Casares, dirixido pola profesora Gracia Rodríguez Blanco, interpretou varios temas. A continuación, podedes ver algunhas imaxes do acto e os vídeos da participación dos alumnos.