Ao equipo directivo do IES María Casares (2018–2026) que deu forma á idea de como debe ser un novo espazo: a biblioteca. GRAZAS!!!
Corría o ano 280 a. C. cando se fundou oficialmente a Biblioteca de Alexandría xunto co Museo (Μουσεῖον), unha iniciativa impulsada por Tolomeo I Soter e consolidada por Tolomeo II Filadelfo. Trazando un paralelismo con este acontecemento histórico, a creación dunha biblioteca (un espazo para que o alumnado desfrute dos libros e atope o lecer) sempre é un fito significativo. A biblioteca do IES María Casares é produto do esforzo, durante os máis de trinta anos que ten o centro, dos sucesivos coordinadores, dos profesores que formaron parte dos equipos de biblioteca, dos alumnos voluntarios que axudaron a organizar as actividades e dos que, recreo tras recreo, vides ler, estudar, facer deberes ou xogar ao xadrez. O apoio e o traballo do equipo directivo é fundamental para que a nosa biblioteca funcione e, nestes oito últimos anos, contamos sempre co seu respaldo. Do equipo directivo partiu a idea do cambio de situación da biblioteca para ter un espazo máis amplo, a ...