Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO

Imaxe
  Para conmemorar o 8 de marzo, o alumnado de 1º de Bacharelato tivo o privilexio de escoitar as testemuñas de tres mulleres, usuarias da residencia Emera Oleiros , que relataron as circunstancias das súas historias persoais e os cambios que experimentou a vida das mulleres desde os anos da súa infancia. Ademais, e como facemos todos os anos, expuxemos parte dos nosos fondos que teñen como tema o feminismo e a vida de mulleres destacadas da nosa historia.

O IES MARÍA CASARES NO ENCONTRO PLAMBE 2026 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Imaxe
Este foi o programa formativo desta xornada maratoniana do PLAMBE 25-26 https://bibliotecas.edu.xunta.gal/sites/default/files/import/PROGRAMA%20dixital_EPlambe2026.pdf O 5 de marzo celebrouse, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, o Encontro do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2025/2026, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coa lectura, a literatura e o deseño e a literatura galega . Ademais, tivo lugar a presentación do novo portal de Bibliotecas escolares de Galicia e noso centro estivo presente nesta xornada de formación. Tivemos a posta en escena de todo o traballo que realizamos nas bibliotecas durante todo curso, moitas horas de traballo, que queren brillan nesta xornada e abrir novos proxectos para cursos sucesivos. Tivemos a un palmo da man como funciona unha biblioteca escolar, como se realizan os traballos por proxectos , o voluntariado, a radio, as redes e bibliotecas do rural . Falamos dun e...

SAÍDA AO FESTIVAL DE TEATRO GRECORROMANO DE LUGO NA SÚA XXV EDICIÓN

Imaxe
  Ante dien IV Nonas Martias anno MMXXVI aerae vulgaris. O día 04 de marzo saímos cara ao θέατρον ΘΕΑΤΡΩΝ lucense na compaña dos  nosos aprendices de clásicos do IES María Casares, o alumnado de grego, latín e cultura clásica. Sentados na cavea do Gustavo Freire fomos descubrindo o caprichoso que son os fíos do  destino dos deuses. Íamos sentindo a angustia do alento do destino e como canto máis nos aloxabamos del máis cerca estaba. Cousas dos enigmas e a súa decrepitación. Edipo foi o noso compañeiro de fatigas, onde el foi peor parado. Bravo, μέγας, Sófocles!!! O propio Aristóteles na súa retórica cóntanos que trata da legalidade non escrita que permite trazar fronteiras aos seres humanos ou coñecidos tamén como ἄνθρωποι. Na sesión vespertina tivemos ante os nosos ollos Asembleístas ou Asemblea de Mulleres , que  deixa claro os termos como ἄνθρωποι, ἀνήρ e γυνή. Unha trepidante comedia onde as mulleres chegan ao poder dentro dun marco de feminismo e com...

ENTROIDO 2026

Imaxe
  Este ano o sol non acompañou o desfile de comparsas e tivemos que facelo no pavillón. A chuvia non foi obstáculo para que, baixo as premisas de representar a temática dun libro e de usar materiais reciclados para a confección dos seus disfraces, todos os cursos demostraran a súa creatividade. Parabéns a todos pola vosa participación!! A continuación, podedes ver os vídeos das actuacións de todos os grupos. Na foto de arriba, a comparsa dos profes representando o mundo marabilloso de Alicia.