Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

Ao equipo directivo do IES María Casares (2018–2026) que deu forma á idea de como debe ser un novo espazo: a biblioteca. GRAZAS!!!

Imaxe
Corría o ano 280 a. C. cando se fundou oficialmente a Biblioteca de Alexandría xunto co Museo (Μουσεῖον), unha iniciativa impulsada por Tolomeo I Soter e consolidada por Tolomeo II Filadelfo. Trazando un paralelismo con este acontecemento histórico, a creación dunha biblioteca (un espazo para que o alumnado desfrute dos libros e atope o lecer) sempre é un fito significativo. A biblioteca do IES María Casares é produto do esforzo, durante os máis de trinta anos que ten o centro,  dos sucesivos coordinadores, dos profesores que formaron parte dos equipos de biblioteca, dos alumnos voluntarios que axudaron a organizar as actividades e dos que, recreo tras recreo,  vides ler, estudar, facer deberes ou xogar ao xadrez. O apoio e o traballo do equipo directivo é fundamental para que a nosa biblioteca funcione e, nestes oito últimos anos, contamos sempre co seu respaldo. Do equipo directivo partiu a idea do cambio de situación da biblioteca para ter un espazo máis amplo, a ...

Reme μεγάλη, Reme magna, grande Reme!!!

Imaxe
  O 12 de xuño 2026, ante diem XVIII Kalendas Iulias, na Sala de pofesores do IES María Casares tivemos un ágape, ἀγάπη, un pequeno aperitivo para acompañar á nosa administrativa, que pronto mudará de lugar de traballo. Dende a Biblioteca queremos mandarlle todo o noso cariño e o noso agradecemento pola súa axuda incondicional. Xa sabedes: Reme isto, o outro, hai que validar o dos voluntarios da biblio… o cotiá nos nosos quefaceres. Dende o corazón do centro queremos desexarte o mellor alá onde vaias, pois ben merecido o tés!!! Grazas, Reme!!!  

VISITA DOS FUTUROS ALUMNOS DO IES MARÍA CASARES

Imaxe
  Os días 3 e 5 de xuño tivemos a visita que fan o novo alumnado, os alumnos de 6º do CEIP  Isidro Parga Pondal e do CEIP Luis Seoane. A finalidade é que coñezan o instituto e afronten con máis tranquilidade o paso á unha nova etapa escolar. Entre outras visitas, participaron dun periplo á biblioteca e tivemos simulacións de xogadas de xadrez no exterior. Benvidos!!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Imaxe
Nos últimos días chegaron á biblioteca algunhas novidades que poden ser unha agradable lectura para o verán. Aquí tedes algunhas delas. Bo verán e boas lecturas!! Andrea é unha adolescente brillante e carismática. A súa familia é como tantas. Con todo, algúns sucesos empezan a romper o seu mundo e a percepción de si mesma. Andrea escurécese, apágase sen que ninguén o note. A súa irmá maior e as súas amigas Sofía e Luna únense para intentar atopar unha explicación ao incomprensible. Analizan os seus diarios. E o caderno negro, que esconde as cousas que non lle contaba nin á súa sombra. Sabela e Martiño non imaxinaban que unha simple mañá de limpeza na praia os levaría a unha das aventuras máis marabillosas da súa vida. Seguindo pistas, mergúllanse na Biblioteca Provincial da Coruña. En O misterio do cuarto amarelo, Gaston Leroux aborda un dos temas cla ́ sicos do ge ́ nero polici ́ aco : o enigma do crime cometido nun recinto pechado. No entanto, a medida que avanza a accio ́ n da...