RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN



Nos últimos días chegaron á biblioteca algunhas novidades que poden ser unha agradable lectura para o verán. Aquí tedes algunhas delas.

Bo verán e boas lecturas!!


Andrea é unha adolescente brillante e carismática. A súa familia é como tantas. Con todo, algúns sucesos empezan a romper o seu mundo e a percepción de si mesma. Andrea escurécese, apágase sen que ninguén o note.

A súa irmá maior e as súas amigas Sofía e Luna únense para intentar atopar unha explicación ao incomprensible. Analizan os seus diarios. E o caderno negro, que esconde as cousas que non lle contaba nin á súa sombra.


Sabela e Martiño non imaxinaban que unha simple mañá de limpeza na praia os levaría a unha das aventuras máis marabillosas da súa vida. Seguindo pistas, mergúllanse na Biblioteca Provincial da Coruña.



En O misterio do cuarto amarelo, Gaston Leroux aborda un dos temas clásicos do género policíaco: o enigma do crime cometido nun recinto pechado. No entanto, a medida que avanza a acción da novela, unha serie de misterios inesperados súmanse ao que deu orixe á investigación. Será o novo detective Rouletabille, dotado duns portentosos dotes para a deducción, quen nos revele a sorprendente identidade do asasino.


Os adolescentes enfróntanse a moitos cambios no seu corpo e na súa mentalidade e ás veces non se atreven a pedir consello ou respostas por medo e por vergoña. Este libro, que intercala capítulos informativos con outros en formato de cómic, comenta aspectos relacionados co lecer xuvenil, os cambios corporais durante a puberdade, os riscos das drogas ou o alcol, e moitos outros factores que poden presentarse na vida dos mozos. Ofrece respostas a dúbidas comúns, e faio desde un ton tan lúdico e ameno que axudará ao lector para sentirse protagonista e a extraer respostas que poidan ser do seu interese.




Goa é unha adolescente que acaba de cumprir 12 anos e ve como a súa vida dá un xiro inesperado da noite para a mañá: os seus pais separáronse, agora ten dúas casas e toda a súa vida repartida entre elas.


Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.



Esta historia de amor entre dous mozos, un deles declaradamente homosexual e o outro en vías de autodescubrimiento, lembrásenoś que hai primeiros amores frágiles como o cristal e memorables como o diamante. Cos titubeos propios de calquera amor adolescente, Heartstopper responde ao xeito de sentir dos jóvenes reais, cunha visión aberta, natural e sensible sobre o amor e a identidade sexual, sen perder nunca a delicadeza e a emoción.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO V CAMPIONATO DE XADREZ (CURSO 2024-25)

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE CULTURA CLÁSICA E LATÍN DA ESO AO XACEMENTO DE CAMBRE E CASTRO DE ELVIÑA

ENTROIDO 2024