Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Imaxe
  Como ven sendo tradicional, a biblioteca escolar celebra o Día do Libro cun mercado de venta de libros de segunda man . A recadación será doada a unha asociación da contorna. Agradecemos ás alumnas Marina López Núñez e Paula Gómez Lage, de 1º de Bacharelato C, a súa excelente labor como vendedoras. Esperamos a vosa colaboración!!!

Certamen Ciceroniano e Proba PaRnaso DO ALUMNADO DE GREGO E LATÍN NA USC.

Imaxe
  Na facultade de filoloxía da USC de Santiago de Compostela estivo presente o IES María Casares co seu alumnado de grego e latín facendo o mellor que sabemos facer, loitar polas clásicas. Tanto o 17 de abril como o día 6 de marzo, dous dos nosos aguerridos estudantes de grego e latín, Lucía Pomar Núñez e Alfonso Miguel Díaz Gómez, enfrontáronse as probas de tradución do Certamen Ciceronianum e a Proba Parnaso 2026 organizadas pola Sociedad de Estudios Clásicos con máis valentía que o propio Cornelio Escipión en Zama e sen esaxerar semellantes ao propio Alexandro en Gaugamela. Que os deuses lles sexan propicios!!!  

VI CAMPIONATO DE XADREZ DO IES MARÍA CASARES 2026

Imaxe
 Na final da VI edición do Campionato de Xadrez utilizamos o taboleiro xigante no  exterior do noso centro. Foi un escenario incrible, que deixo unha lucida final do nivel do noso IES e despois dunha semana e pico, na que os participantes despregaron todas as súas habilidades xadrecistiñas, chegamos a o final desta edición e só destacar a amabilidade e ben estar dos participantes que ademais manexaron as súas destrezas neste xogo milenario. Os alumnos que disputaron a gran final foron: Jorge Castro Salazar e Micael Salvador Rey López, na categoría de ESO, e Daniel Barro Pardellas e Manuel Pérez Lestón na categoría de Bacharelato. Proclamáronse campións: Jorge Castro Salazar (3ºESO) Daniel Barro Pardellas (1º Bacharelato) Moitos parabéns aos campións por esta merecida vitoria!!