Certamen Ciceroniano e Proba PaRnaso DO ALUMNADO DE GREGO E LATÍN NA USC.

 Na facultade de filoloxía da USC de Santiago de Compostela estivo presente o IES María Casares co seu alumnado de grego e latín facendo o mellor que sabemos facer, loitar polas clásicas.

Tanto o 17 de abril como o día 6 de marzo, dous dos nosos aguerridos estudantes de grego e latín, Lucía Pomar Núñez e Alfonso Miguel Díaz Gómez, enfrontáronse as probas de tradución do Certamen Ciceronianum e a Proba Parnaso 2026 organizadas pola Sociedad de Estudios Clásicos con máis valentía que o propio Cornelio Escipión en Zama e sen esaxerar semellantes ao propio Alexandro en Gaugamela. Que os deuses lles sexan propicios!!!

 













Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO V CAMPIONATO DE XADREZ (CURSO 2024-25)

ENTROIDO 2024

ENTROIDO 2025