VI CAMPIONATO DE XADREZ DO IES MARÍA CASARES 2026
Na final da VI edición do Campionato de Xadrez utilizamos o taboleiro xigante no exterior do noso centro. Foi un escenario incrible, que deixo unha lucida final do nivel do noso IES e despois dunha semana e pico, na que os participantes despregaron todas as súas habilidades xadrecistiñas, chegamos a o final desta edición e só destacar a amabilidade e ben estar dos participantes que ademais manexaron as súas destrezas neste xogo milenario.
Os alumnos que disputaron a gran final foron:
Jorge Castro Salazar e Micael Salvador Rey López, na
categoría de ESO, e Daniel Barro
Pardellas e Manuel Pérez Lestón na categoría de Bacharelato.
Proclamáronse campións:
Jorge Castro Salazar (3ºESO)
Daniel Barro Pardellas (1º Bacharelato)
Moitos parabéns aos campións por esta merecida vitoria!!














Comentarios
Publicar un comentario