Ao equipo directivo do IES María Casares (2018–2026) que deu forma á idea de como debe ser un novo espazo: a biblioteca. GRAZAS!!!
Corría o ano
280 a. C. cando se fundou oficialmente a Biblioteca de Alexandría xunto co
Museo (Μουσεῖον), unha iniciativa impulsada por Tolomeo I Soter e consolidada
por Tolomeo II Filadelfo. Trazando un paralelismo con este acontecemento
histórico, a creación dunha biblioteca (un espazo para que o alumnado desfrute
dos libros e atope o lecer) sempre é un fito significativo.
A biblioteca do IES María Casares é produto do esforzo, durante os máis de
trinta anos que ten o centro, dos sucesivos coordinadores, dos
profesores que formaron parte dos equipos de biblioteca, dos alumnos
voluntarios que axudaron a organizar as actividades e dos que, recreo tras
recreo, vides ler, estudar, facer deberes ou xogar ao xadrez. O
apoio e o traballo do equipo directivo é fundamental para que a nosa biblioteca
funcione e, nestes oito últimos anos, contamos sempre co seu respaldo. Do
equipo directivo partiu a idea do cambio de situación da biblioteca para ter un
espazo máis amplo, a substitución das mesas e das cadeiras para darlle un
aspecto máis actual e acolledor e tantas e tantas ideas máis.
Por iso, queremos engadir algunhas imaxes para o recordo, desde a antiga
biblioteca á nova, e dar as grazas polo apoio e axuda recibidos durante este
período da historia do noso centro.
A antiga biblioteca, hoxe Polos Creativos:










Comentarios
Publicar un comentario