O IES MARÍA CASARES NO ENCONTRO PLAMBE 2026 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
https://bibliotecas.edu.xunta.gal/sites/default/files/import/PROGRAMA%20dixital_EPlambe2026.pdf
O 5 de marzo celebrouse, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, o Encontro do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2025/2026, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coa lectura, a literatura e o deseño e a literatura galega. Ademais, tivo lugar a presentación do novo portal de Bibliotecas escolares de Galicia e noso centro estivo presente nesta xornada de formación.
Tivemos a posta en escena de todo o traballo que realizamos nas bibliotecas durante todo curso, moitas horas de traballo, que queren brillan nesta xornada e abrir novos proxectos para cursos sucesivos. Tivemos a un palmo da man como funciona unha biblioteca escolar, como se realizan os traballos por proxectos, o voluntariado, a radio, as redes e bibliotecas do rural.
Falamos dun encontro de máis de 900 persoas coordinadoras, que deseñan o seu traballo nas bibliotecas escolares nos seus centros e dedican milleiros de horas, un ano máis!







Comentarios
Publicar un comentario