SAÍDA AO FESTIVAL DE TEATRO GRECORROMANO DE LUGO NA SÚA XXV EDICIÓN
Ante dien IV Nonas Martias anno MMXXVI aerae vulgaris.
O día 04 de marzo saímos cara ao θέατρον ΘΕΑΤΡΩΝ lucense na compaña dos nosos aprendices de clásicos do IES María Casares, o alumnado de grego, latín e cultura clásica.
Sentados na cavea do Gustavo Freire fomos descubrindo o caprichoso que son os fíos do destino dos deuses. Íamos sentindo a angustia do alento do destino e como canto máis nos aloxabamos del máis cerca estaba. Cousas dos enigmas e a súa decrepitación. Edipo foi o noso compañeiro de fatigas, onde el foi peor parado. Bravo, μέγας, Sófocles!!! O propio Aristóteles na súa retórica cóntanos que trata da legalidade non escrita que permite trazar fronteiras aos seres humanos ou coñecidos tamén como ἄνθρωποι.
Na sesión vespertina tivemos ante os nosos ollos Asembleístas ou Asemblea de Mulleres, que deixa claro os termos como ἄνθρωποι, ἀνήρ e γυνή. Unha trepidante comedia onde as mulleres chegan ao poder dentro dun marco de feminismo e comunismo utópico. Bravo, μέγας, Aristófanes!!!
Retornamos enchidos de gozo pola beleza e boa execución dos histrións da compañía sardiña, é dicir, que eses vinte parasangas non foron pesados para os nosos neófitos humanistas.













Comentarios
Publicar un comentario