CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 O pasado xoves 14 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, levamos a cabo no centro unha xincana literaria. Esta xirou arredor da vida e obra da autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño. O alumnado de 4º da ESO pasou por cinco estacións con cadansúa proba (ortográfíca, biográfíca, literaria etc.) para así poder chegar ao cofre final onde atoparían a recompensa. Os diferentes grupos mostráronse moi participativos e coñecedores das relacións da escritora coa literatura universal, especialmente coas figuras de Circe e Morgana. 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO V CAMPIONATO DE XADREZ (CURSO 2024-25)

ENTROIDO 2024