Publicacións

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Imaxe
 Os actos conmemorativos do 25 de novembro consistiron este curso na elaboración, nas titorías dos grupos, dun muro dividido en dúas partes: o muro da culpa e o muro das ilusións. En ambos lados deste muro tentamos facer unha reflexión sobre o tema desta xornada sinalando todo o negativo e deixando tamén un lugar á esperanza. A biblioteca fixo tamén unha pequena exposición dalgúns dos seus fondos sobre a temática relacionada coa muller. Os alumnos de 4º ESO redactaron e leron un manifesto e, a continuación, o coro cantou unha emotiva canción en homenaxe ao movemento das mulleres afgás contra a lei talibán que lles prohibe falar e cantar en público. De seguido, podedes ver algunhas imaxes do acto e os vídeos da canción interpretada polo coro. 

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

  O concurso de portas de Samaín  tivo como gañadores aos grupos de 3º ESO B e de 2º ESO C, que recibirán como premio un almorzo saudable. No seguinte vídeo podedes ver o nivel tan alto que tivemos este ano na “terrorífica” decoración das portas. MOITOS PARABÉNS AOS GRUPOS GAÑADORES!!

CONCURSO DE DOCES DE SAMAÍN 2024

Imaxe
Un ano máis celebramos o Samaín con varias actividades participativas. A máis suculenta foi o concurso de doces, que permitiu aos membros do xurado degustar uns impresionantes pasteis e galletas cunha decoración “de medo”. A continuación, podedes ver unhas imaxes dos doces presentados e dos participantes.  Moitos parabéns a todos!!!

SAÍDA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE A CORUÑA NO CASTELO DE SAN ANTÓN

Imaxe
  Ás dez treinta horas do día 29 de outubro o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3° de ESO e  4° de ESO  comenzaron o seu percorrido dun parasanga desde o IES María Casares ao Castelo de San Antón, coa finalidade de coñecer de primera man os restos arqueolóxicos romanos e castrexos ou galiacos no seu contexto. A expedición foi todo un éxito,   ergo  estamos feitos uns romanos galaicos!!!

CHEGOU O SAMAÍN...

Imaxe
  Un curso máis celebramos á chegada do Samaín con varias actividades: concurso de decoración de portas, concurso de doces, decoración de cabazas... A tradicional exposición dos fondos de literatura de terror e misterio da nosa biblioteca non pode faltar. Podedes ver algúns deles no vestíbulo de entrada ao centro. Se estades interesados nalgún título, non dubidedes en vir preguntar á biblioteca. Xa sabedes que… A vida non é divertida sen un bo susto!!!!

BENVIDOS Á BIBLIOTECA!!!

Imaxe
 Despois dun ano de transición, empezamos o curso con enerxías renovadas no novo espazo da biblioteca. Non está aínda todo feito, pero xa podemos gozar da comodidade dun lugar de estudo e de lectura apropiado. Disfruta das túas lecturas nos nosos recunchos!! Benvidos ao curso 2024-2025!!

VISITA DOS FUTUROS ALUMNOS DO IES MARÍA CASARES

Imaxe
  Estes días recibimos a visita dos alumnos de 6º do CEIP Isidro Parga Pondal e do CEIP Luis Seoane. A finalidade é que coñezan o instituto e afronten con máis tranquilidade o paso á unha nova etapa escolar. Na imaxe podedes ver un grupo coñecendo a nosa biblioteca escolar. Benvidos!!

UNHA BIBLIOTECA EN CONSTRUCIÓN

Imaxe
Dende o equipo de biblioteca queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa, que participou e colaborou na reconstrución deste motor do instituto, para que luza o mellor que poida a súas novas galas.  

CONVERSA CON SUSO BELLO

Imaxe
 O xoves 9 de maio, o alumnado de Literatura Galega do século XX e actualidade tivo a oportunidade de conversar con Suso Bello, director de fotografía de ampla traxectoria profesional e varias veces galadoado nos premios Mestre Mateo. Foi unha charla enriquecedora onde tivemos a oportunidade de coñecer o seu complexo traballo e de descubrir onde se poden realizar estudos para desempeñar a súa profesión. Agradecémoslle a súa presenza no centro.