CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Os actos conmemorativos do 25 de novembro consistiron este curso na elaboración, nas titorías dos grupos, dun muro dividido en dúas partes: o muro da culpa e o muro das ilusións. En ambos lados deste muro tentamos facer unha reflexión sobre o tema desta xornada sinalando todo o negativo e deixando tamén un lugar á esperanza. A biblioteca fixo tamén unha pequena exposición dalgúns dos seus fondos sobre a temática relacionada coa muller.

Os alumnos de 4º ESO redactaron e leron un manifesto e, a continuación, o coro cantou unha emotiva canción en homenaxe ao movemento das mulleres afgás contra a lei talibán que lles prohibe falar e cantar en público.

De seguido, podedes ver algunhas imaxes do acto e os vídeos da canción interpretada polo coro. 



















Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR