Publicacións

25 NOVEMBRO 2021

Imaxe
  Unha das lacras da nosa sociedade é a violencia contra as mulleres. Ano tras ano centos de mulleres morren no mundo vítimas da violencia machista. Para mostrar a nosa solidariedade coas mulleres que sofren maltrato e a nosa repulsa ante calquera actitude violenta, fixemos un acto simbólico que consistiu en que os alumnos de 1º ESO, coa canción La puerta violeta de Rozalén de fondo, lanzaron globos de cor violeta que simbolizaban a todas as que perderon a vida ao longo do ano só por ser mulleres. Abaixo podedes ver algúns momentos do acto. 

LITERATURA DE TERROR PARA O SAMAÍN

Imaxe
  A literatura de terror é un xénero que busca asustar, causar nos lectores sentimentos de horror e medo. Que mellor momento do ano para coñecer aos máis importantes escritores deste tipo de literatura e os seus personaxes! Na biblioteca podedes atopar numerosos títulos para pasar unha terrorífica noite de Samaín. Agradecemos a Ariadna García (2º BAC B) o   debuxo do protagonista de O resplandor , no que captou todo o horror que produce o actor Jack Nicholson na famosísima película.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Imaxe
  Como este curso as visitas á biblioteca están moi limitadas, informaremos  das novidades nos taboleiros que están no primeiro andar. Ademais, tedes a vosa disposición exemplares de todos os libros de lectura fixados polos departamentos didácticos. 

BENVIDA AO CURSO 2020-2021

Iniciamos un curso incerto e diferente. A distancia de seguridade que temos que manter impídenos abrir a biblioteca nos recreos para que podades estudar, buscar as vosas lecturas o xogar ao xadrez. Como sabedes, a nosa biblioteca ocupa un espazo moi reducido e as necesidades de espazo do centro fan que teña que usarse como aula para algúns grupos. Por todo iso, establecemos o seguinte  protocolo de seguridade: PROTOCOLO COVID NA BIBLIOTECA   USO DA BIBLIOTECA E MEDIDAS HIXIÉNICAS ADOPTADAS -         A biblioteca permanecerá pechada nos recreos. -         Algunhas horas utilizarase como aula. Os lugares que poidan ser ocupados estarán sinalados gardando a distancia de seguridade. -         Antes de abandonar a biblioteca, cada usuario deberá limpar o posto que ocupara. -         Os libros terán que pasar catro horas en corente...

DÍA DO LIBRO 2020

Imaxe

MULLERES QUE DERON PASOS

Imaxe
  Para conmemorar o 8 de marzo, o IES María Casares quixo deixar constancia da importante labor realizada por moitas mulleres nos campos máis diversos. Para iso, o equipo da biblioteca coa colaboración dos alumnos do Club de Letras e dos departamentos de Física e Educación Física, que aportaron as listas de mulleres destacadas nos seus ámbitos, decorou as escaleiras do instituto cuns vinilos nos que aparecen os nomes de mulleres de todas as épocas que realizaron una labor importante no desenvolvemento da ciencia, das letras e do deporte ou que conseguiron, co seu traballo e exemplo, que as  galegas deran pasos a favor da igualdade e dos dereitos das mulleres.  En cada escalón figura unha breve biografía das mulleres nomeadas.    Ademais, nas columnas da entrada, puxéronse uns vinilos, deseñados por Ana López Gullón, profesora de Debuxo,  nos que deixamos patente o  desexo de que o noso centro sexa un ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA. ...

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Imaxe
  Este ano os actos de celebración do Entroido estiveron moi concorridos. Foron moitos os alumnos e as alumnas que viñeron disfrazados dos temas máis diversos. Polos corredores atopamos personaxes de A volta ao mundo en 80 días , das series Peaky Blinders e Anatomía de Gray, de   Men in Black, de Toy Story, de Mario Bross, cos monos vermellos de A casa de papel, de Harry Potter, surferos, moteros, pitufos, superheroes, Mickey e Minnie Mouse e un longo etcétera. Os profesores tamén participaron constituíndo un grupo que parecía sacado directamente dos alegres anos 20.    Na imaxe podedes ver a todos os participantes posando para a posteridade.

VISITA DE YOLANDA CASTAÑO

Imaxe
Hoxe os alumnos de 1º de Bacharelato, grazas as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros, tiveron o pracer de escoitar á poeta Yolanda Castaño   nun   espectáculo poético-musical no que combinou a música, a imaxe e a palabra cunha sensibilidade que poucas veces temos a posibilidade de contemplar.

DÍA DOS NAMORADOS

Imaxe
      A celebración do 14 de febreiro veu este ano acompañada da poesía. Un grupo de alumnas de Literatura escribiu e ilustrou poemas de amor en todas as linguas que se imparten no instituto. O resultado do seu traballo expúxose no vestíbulo para que todos os interesados puidesen ler estes fermosísimos poemas.