MULLERES QUE DERON PASOS
Para conmemorar o
8 de marzo, o IES María Casares quixo deixar constancia da importante labor
realizada por moitas mulleres nos campos máis diversos. Para iso, o equipo da
biblioteca coa colaboración dos alumnos do Club de Letras e dos departamentos
de Física e Educación Física, que aportaron as listas de mulleres destacadas
nos seus ámbitos, decorou as escaleiras do instituto cuns vinilos nos que
aparecen os nomes de mulleres de todas as épocas que realizaron una labor importante
no desenvolvemento da ciencia, das letras e do deporte ou que conseguiron, co
seu traballo e exemplo, que as galegas
deran pasos a favor da igualdade e dos dereitos das mulleres. En cada escalón figura unha breve biografía das mulleres nomeadas.
Ademais, nas columnas da entrada,
puxéronse uns vinilos, deseñados por Ana López Gullón, profesora de Debuxo, nos que deixamos patente o desexo de que o noso centro sexa un ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA.
Comentarios
Publicar un comentario