LITERATURA DE TERROR PARA O SAMAÍN
A literatura de terror é un xénero que busca asustar, causar nos lectores
sentimentos de horror e medo. Que mellor momento do ano para coñecer aos máis
importantes escritores deste tipo de literatura e os seus personaxes! Na
biblioteca podedes atopar numerosos títulos para pasar unha terrorífica noite
de Samaín.
Agradecemos a Ariadna García (2º BAC B) o debuxo do protagonista de O resplandor, no que
captou todo o horror que produce o actor Jack Nicholson na famosísima película.
Comentarios
Publicar un comentario