BENVIDA AO CURSO 2020-2021
Iniciamos un
curso incerto e diferente. A distancia de seguridade que temos que manter
impídenos abrir a biblioteca nos recreos para que podades estudar, buscar as
vosas lecturas o xogar ao xadrez. Como sabedes, a nosa biblioteca ocupa un
espazo moi reducido e as necesidades de espazo do centro fan que teña que
usarse como aula para algúns grupos. Por todo iso, establecemos o seguinte protocolo de
seguridade:
USO DA
BIBLIOTECA E MEDIDAS HIXIÉNICAS ADOPTADAS
-
A
biblioteca permanecerá pechada nos recreos.
-
Algunhas
horas utilizarase como aula. Os lugares que poidan ser ocupados estarán
sinalados gardando a distancia de seguridade.
-
Antes
de abandonar a biblioteca, cada usuario deberá limpar o posto que
ocupara.
-
Os
libros terán que pasar catro horas en corentena polo
que se depositaran nunha caixa e non poderán prestarse na mesma xornada na que
foron devoltos.
-
Non
poderán usarse os ordenadores salvo que os alumnos baixen cun profesor (sempre que a
biblioteca non se estea usando como aula nesa hora) que se comprometa á limpeza
posterior dos teclados e os postos utilizados.
-
Os
alumnos non poderán acceder aos libros colocados nos andeis.
-
Non
están permitidos os xogos de mesa nin o préstamo dos
mesmos.
- Os
membro da comunidade educativa poden levar os libros en préstamo durante quince
días. Para evitar aglomeracións, deberán depositar a súa petición, na
que conste o nome e apelido do interesado, o curso e o título e autor do libro,
na caixa de correos que está situada xunto á porta de acceso á
biblioteca ou ben enviar un correo electrónico á seguinte dirección: bibmariacasares@gmail.com
- Os
usuarios que veñan buscar ou devolver un libro en préstamo permanecerán
na porta da biblioteca e esperarán, en fila e gardando a distancia de
seguridade, a que o profesor encargado lle faga entrega do libro.
Comentarios
Publicar un comentario