Publicacións

CONCURSO DE ÁRBORES DE NADAL

Imaxe
  A biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua   Galega organizaron un concurso de árbores de Nadal. Cada grupo tivo que demostrar as súas calidades artísticas decorando as portas das aulas cunha árbore realizada con materiais reciclados e incluíndo personaxes, tradicións, natureza ou patrimonio do imaxinario galego. O grupo gañador recibiu un magnífico agasallo: entradas para a pista de xeo do Concello de Oleiros. Abaixo podedes ver un vídeo coas árbores presentadas.  Moitos parabéns aos gañadores!!!  

25 DE NOVEMBRO DE 2025

Imaxe
  A conmemoración do 25 de novembro tivo este curso   unha novidade: a realización dun pódcast no que se falou   da lacra da violencia contra as mulleres.   Desplegáronse, ademáis,   desde o primeiro andar, frases nas que se deixou constancia da repulsión que provocan estos actos contra a vida e a dignidade da muller. A continuación, podedes ver algunhas imaxes e vídeos deste día.

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE CULTURA CLÁSICA E LATÍN DA ESO AO XACEMENTO DE CAMBRE E CASTRO DE ELVIÑA

Imaxe
  Este martes, 18 de novembro de 2025, o alumnado de Cultura Clásica e Latín da ESO fixeron unha incursión a territorio romano coa visita ao xacemento de Cambre, onde tiveron unha primeira aproximación a unha domus romana, que posiblemente forme parte dunha villa e comprobaron de primeira man como vivían os romanos asentados nesta zona,  descubriron as  letrinae  e moitas outras cousas. Desde alí avanzamos nun cuarto de estadio dúas parasangas e chegamos ao Castro de Elviña, onde descubrimos a sociedade castrexa, dominadora de Brigantium.  Engadimos que tivemos sorte coa guías turísticos que nos tocou, moitas grazas Moncho e moitas grazas grazas Aurora. Estamos feitos uns castrexos!!!

FORMACIÓN DOS NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA

Imaxe
  Como todos os anos, o alumnado de 1º ESO, recentemente incorporado ao noso centro, recibiu a correspondente formación como usuarios da biblioteca escolar.   Esperamos que a biblioteca sexa para eles, durante todos os cursos que van pasar no noso instituto, un lugar   no que atopar cultura, entretemento e diversión.

EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE PORTUGUÉS

Imaxe
  O Departamento de Portugués organizou unha interesante exposición sobre a vida e obra do escritor Luís de Camões. Podedes vela no corredor do segundo andar. 

SAMAÍN 2025

Imaxe
  Deixámosvos algunhas imaxes do concurso de portas celebrado por Samaín, dos orixinais epitafios presentados e da exposición de libros de terror. Bo traballo!!!

PREPARATIVOS PARA O SAMAÍN

Imaxe
              Un ano máis, convocamos concursos para a celebración do Samaín. O primeiro deles é un concurso de epitafios. Os epitafios son as inscricións que se poñen sobre os sepulcros. Eso sí, esquecervos da IA e o Chat GPt. Usade a vosa imaxinación. Teñen que ser graciosos, imaxinativos pero, sobre todo, orixinais. O segundo será o concurso que xa é tradicional de decoración de portas. O premio será para o grupo que consiga que a súa porta sexa a máis terrorífica. 

UN VERÁN DE AVENTURAS A TRAVÉS DOS LIBROS

Imaxe
 Agora que xa temos cerca as vacacións de verán, debemos escoller as lecturas que nos acompañarán durante este tempo de lecer. Tedes a vosa disposición as novidades da biblioteca para levalas en préstamo para a tempada estival.

NOVOS CARTEIS INDICADORES NA BIBLIOTECA

Imaxe
Grazas ao traballo do Club de Ciencia e dos Polos creativos, a biblioteca conta cuns novos carteis indicadores coa nosa mascota XEPIT. Tamén fixeron uns marcapáxinas que acompañarán as nosas lecturas estivais.