EXPOSICIÓN POLO DÍA DE ROSALÍA

 

Para conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro, a biblioteca escolar e o ENL organizamos unha exposición con carteis sobre a vida de Rosalía e a súa presencia na nosa sociedade. Ademais, expuxemos os fondos cos que  contamos na biblioteca sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro e engadimos unhas imaxes para reflexionar sobre o que está ocorrendo no mundo. Debaixo de todas eles hai unha pregunta: "Que diría Rosalía?"

Que pensas ti que opinaría Rosalía de Castro das cousas que están pasando  no século XXI?





Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO V CAMPIONATO DE XADREZ (CURSO 2024-25)

ENTROIDO 2024