"AHORA MISMITOS"

 Un espectáculo didáctico para secundaria e bacharelato. Unha aproximación aos mitos clásicos polo camiño do humor e do sano sorriso.

Ante diem V Kalendas Februarias, a.d. V Kal. Feb. ou o que é o mesmo o 28 de xaneiro o alumnado de Cultura clásica e Latín de 3° e 4º ESO e o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato das materias de Grego e Latín  tiveron a oportunidade de gozar do divertido espectáculo didáctico "Ahora mismitos", unha aproximación a los mitos clásicos polo camiño do humor e do sorriso, interpretado por Antonio Blanco.

Poderíamos traducir os cen minutos da representación como a casa dos clásicos grecorromanos, coa presenza de Faetón, Helena, Zeusiño e algún que outro Sátiro e sorpresa  fixo que a nosa οἶκος ou δόμος estivera chea de risas e aplausos, porque xunto con Antonio estamos de acordo con Camus en aquillo de que os mitos serven para que a imaxinación nos anime. Tivemos ante nos un actor valente e que mira sempre para diante.

 

Parabéns aos novos actores e novas actrices e a todos os que gozamos có espectáculo!!!



























Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO V CAMPIONATO DE XADREZ (CURSO 2024-25)

V EDICIÓN DO CAMPIONATO DE XADREZ DO IES MARÍA CASARES