Os gañadores do V Campionato de Xadrez do IES María Casares recibiron, de mans de Baldomero Martínez, coordinador da biblioteca e profesor de Grego, os seus diplomas e un agasallo que consistiu nun vale para mercar libros e material escolar na libraría Mar de Letras. Os alumnos Daniel Barro Pardellas e Lucas Rafael de Oliveira Sá foron os gañadores na modalidade de ESO e Bacharelato respectivamente e os subcampións foron e Martín Lage Martínez na categoría de Bacharelato e Mario Barro Pardellas na categoría de ESO. MOITÍSIMOS PARABÉNS, RAPAZADA!! A continuación, podedes ver imaxes do momento de entrega de agasallos.
Este martes, 18 de novembro de 2025, o alumnado de Cultura Clásica e Latín da ESO fixeron unha incursión a territorio romano coa visita ao xacemento de Cambre, onde tiveron unha primeira aproximación a unha domus romana, que posiblemente forme parte dunha villa e comprobaron de primeira man como vivían os romanos asentados nesta zona, descubriron as letrinae e moitas outras cousas. Desde alí avanzamos nun cuarto de estadio dúas parasangas e chegamos ao Castro de Elviña, onde descubrimos a sociedade castrexa, dominadora de Brigantium. Engadimos que tivemos sorte coa guías turísticos que nos tocou, moitas grazas Moncho e moitas grazas grazas Aurora. Estamos feitos uns castrexos!!!
Corría o ano 280 a. C. cando se fundou oficialmente a Biblioteca de Alexandría xunto co Museo (Μουσεῖον), unha iniciativa impulsada por Tolomeo I Soter e consolidada por Tolomeo II Filadelfo. Trazando un paralelismo con este acontecemento histórico, a creación dunha biblioteca (un espazo para que o alumnado desfrute dos libros e atope o lecer) sempre é un fito significativo. A biblioteca do IES María Casares é produto do esforzo, durante os máis de trinta anos que ten o centro, dos sucesivos coordinadores, dos profesores que formaron parte dos equipos de biblioteca, dos alumnos voluntarios que axudaron a organizar as actividades e dos que, recreo tras recreo, vides ler, estudar, facer deberes ou xogar ao xadrez. O apoio e o traballo do equipo directivo é fundamental para que a nosa biblioteca funcione e, nestes oito últimos anos, contamos sempre co seu respaldo. Do equipo directivo partiu a idea do cambio de situación da biblioteca para ter un espazo máis amplo, a ...
Comentarios
Publicar un comentario