SAÍDA AO TEATRO GRECOLATINO DE LUGO
O días 29 de febrero, feito que non volverá acontecerr ata dentro de catro anos, saímos cara ao θέατρον ΘΕΑΤΡΩΝ lucense na compaña dos aprendices de clásicos, o alumnado de grego, latín e cultura clásica, que nutren tamén as nosas filas de voluntariado na biblioteca.
Xa no auditorio tiñamos a predisposición de emulación dos nosos ancentros de hai máis de 2500 anos, difrutamos da traxedia Edipo Rey de Sófocles, a máis perfecta segundo Aristóteles, e da comedia Menechmi ou Xemelgos de Plauto. Regresamos enchidos de gozo pola beleza e boa execución dos histrións da compañía Noite Bohemia.











Comentarios
Publicar un comentario