PRESENTACIÓN DA NOVA MASCOTA DA BIBLIOTECA
A piques de rematar o primeiro trimestre do curso 24-25 imos desvelar o misterio que tiña envolvido a nosa biblioteca desde o mes de outubro, onde se buscaba una mascota para ese recuncho tan especial do noso centro. Por esta sala da biblio pasaron todo tipo de seres, pasaron dragóns, crocodilos, osos panda e non panda, gatos e outros fantásticos seres, pero o que chegou para quedarse, foi o que nos trouxeron as alumnas de terceiro da ESO, Leire García Pico e Enma Méndez Fernández, gañadoras deste certame na busca dunha mascota.
Parabén a estas fabulosas artistas e grazas a súa imaxinación inesgotable. E sen máis preámbulos desvelamos a nosa mascota que aínda está sen bautizar, e aquí está.
Comentarios
Publicar un comentario