Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Imaxe
Na celebración do Samaín deste ano tivemos a visita de don Juan Tenorio e dona Inés, dous dos personaxes máis coñecidos da literatura española. A parella recibiu aos nosos alumnos no vestíbulo do centro. A súa presencia causou un certo estupor, non sabemos se pola sorpresa de atopar no noso centro a persoas de tanta importancia ou porque se asemellaban moito aos profesores Mónica e  Emiliano. Don Juan e dona Inés pasearon polos corredores saudando a todos aqueles que se acercaban a coñecelos. O propósito desta visita era recordarnos a todos a tradición de representar a famosa obra de José Zorrilla en  datas próximas ao Día de Todos os Santos. Ademais desta visita inesperada, colocamos no vestíbulo unha exposición dalgúns dos fondos de literatura de terror que podedes atopar na nosa biblioteca.