Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

LECTURAS PARA O VERÁN

Imaxe
Nos últimos días recibimos na biblioteca moitas novidades que podedes levar para gozar da lectura durante as vacacións de verán. Estes son algúns dos títulos:   Madialeva  é o primeiro título da colección ‘Mulleres Ilustradoras’, que propón banda deseñada con perspectiva de xénero. Quen foron as mulleres galegas que cosían a roupa que conquistou o mundo? Que soños gardaron os emigrantes que deixaron a aldea na procura de prosperidade? Unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recente. Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Estes libros falan de mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor. Dende os polos aos trópicos, por desertos e montañ

GAÑADORES DO CONCURSO "PORTAS LITERARIAS"

Imaxe
Os grupos de 3º ESO D e 1º Bacharelato C foron os gañadores do concurso de "Portas literarias" organizado para celebrar o Día das Letras. Os alumnos de 3º ESO D dedicaron a súa colorida porta a Vicente Risco e os de 1º C a catro autores novos: María Lado, Lucía Aldao, Yolanda Castaño e Daniel Salgado.  Este é o resultado do seu traballo:   Os gañadores disfrutaron dun almorzo saudable e recibiron un agasallo. Na primeira imaxe vemos ao grupo de 1º de Bacharelato C e, na segunda, a 3º ESO C.