Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

FEIRA DO LIBRO SOLIDARIA

Imaxe
  Esta semana celebramos a segunda edición da Feira do Libro coa finalidade de recadar fondos a beneficio da Cociña Económica de A Coruña. Un grupo de alumnos de 1º e 2º de ESO convertéronse en vendedores por uns días. Moitas grazas a todos polo voso fantástico traballo. 

LECTURA CONTINUADA DE EL QUIJOTE POLO DÍA DO LIBRO

Hoxe, a Biblioteca Escolar e o Departamento de Lingua castelá e Literatura conmemoramos o  Día do Libro cunha lectura continuada realizada polos alumnos de 1º ESO. Agradecemos a todos os voluntarios a súa boa disposición.   

CONVERSA CON XURXO SOUTO

Imaxe
  Hoxe aproveitamos para falar de literatura con Xurxo Souto e polo tanto da vida, segundo nos conta el. Compartiu unha charla cos alumnos de 1º B de bacharelato onde, tras un curto percorrido da súa bibliografía sonora e escrita, respondeu ás preguntas dos noso alumnado. Isto deu pe para entrar na conversa da posta en valor da literatura e a súa presenza en todo o que facemos con agrado e coa finalidade de divertirnos. Contou a súa necesidade de recoller aquilo que está ante nosos ollos, coa finalidade que quede entre nós e isto levounos á música, ao canto, á letra, a crear un ambiente de conto diatónico e  punk,  coma el quixo deixar constancia, para rematar cunha canción grega, pero chea de aroma galego:  για σένα μαυρομάτα μου ναζιάρα μου μπομπίνα,   cada solpor a miña voz ten que cantar, meniña.    

II FEIRA SOLIDARIA DO LIBRO

Imaxe
  Na semana do 24 ao 28 de abril celebraremos unha Feira do libro solidaria. O importe recadado na venta dos libros doarase á Cociña Económica de A Coruña. Podedes deixar os libros que queirades doar nas caixas que están na entrada do instituto ou no carro que hai na biblioteca. Animádevos a participar por unha boa causa!!

III CAMPIONATO DE XADREZ

Imaxe
  Na semana previa as vacacións de Semana Santa celebramos o Campionato de Xadrez, que xa vai pola súa terceira edición. A participación dos contendentes foi observada por numerosos seguidores que celebraban a vitoria dos seus compañeiros. Os participantes que xogaron a final foron: Categoría ESO: Martín Vasallo e Nicolás Alfonso Categoría Bacharelato: Sebastián López e Ángel Ortega Proclamáronse gañadores: NICOLÁS ALFONSO ÁNGEL ORTEGA Moitos parabéns!! A continuación, podedes ver algunhas fotos do campionato: