Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS

Imaxe
Este curso o tema do tradicional concurso de postais de Nadal tiña que estar relacionado ca ciencia por tratarse dunha colaboración entre a Biblioteca e o Club de Ciencia.  O nivel  foi moi alto e fixo difícil a selección. Estas son as postais gañadoras:  O primeiro premio foi para Sabela Lage de 4º ESO D. O gañador do segundo premio foi Martín González Sanesteban de 1º ESO A. O terceiro premio foi para Marta Ferreira de 2º de Bacharelato C. As postais gañadoras e as finalistas expuxéronse no vestíbulo de instituto xunto aos premios, que   estaban   patrocinados por Frutas La Huerta, de Santa Cruz, que aportou unha espectacular cesta de frutas, e o Supermercado Gadis. Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Imaxe
Este ano a Biblioteca organiza o tradicional concurso de postais de nadal en colaboración co Club de Ciencia. A profesora Ana López, do Departamento de Debuxo, é a autora do cartel no que figuran as bases para todos aqueles que estean interesados en participar. A data límite para a entrega das postais é o 17 de decembro. Deberán entregarse na Biblioteca. Ánimo, que hai premios moi suculentos!

O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO No IES María Casares  quixemos mostrar a nosa repulsa contra a violencia de xénero organizando un concurso de microrrelatos. Os textos presentados expuxéronse no vestíbulo do instituto para facer reflexionar a todos. A gañadora do concurso foi a alumna Nora Khidroun de 2º ESO B. Ademais, o alumnado dalgúns grupos de 3º e 4º de ESO crearon uns poemas que ilustraron con debuxos que mostraban, con moita crueza, a tristeza que provocan as situacións de violencia contra as mulleres