Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

CONFERENCIA DE FERNANDO DOMENECH

Imaxe
  Fernando Domenech, o noso catedrático de Latín,   impartiu unha conferencia sobre Siluetas na area , libro de relatos de Isabelle Eberhardt. Fernando é autor da tradución ao galego, da introdución e da edición da obra. A conferencia foi seguida con grande interese por un nutrido grupo de alumnos e profesores. Parabéns, Fernando, por un traballo tan rigoroso.  

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2023

Imaxe
 Este curso, o Día Internacional da Muller está dedicado as mulleres máis importantes. Non son famosas, pero son as mulleres da nosa vida. Aínda que algunhas xa non están connosco, a súa guía, a súa axuda e o seu apoio fixeron de nós o que somos hoxe. As nais, as esposas, as irmás, as fillas, as tías ou as amigas teñen un lugar destacado no noso cadro de honra. A continuación, podedes ver as fotos de todas elas.