Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
            Na xornada do 25 de novembro o alumnado do María Casares participou en varios actos simbólicos para mostrar a súa repulsa á violencia de xénero. Os cursos de 3º e 4º ESO formaron no patio un gran lazo de cor violeta sostendo cartolinas con frases reivindicativas escritas por alumnos e alumnas de 3º e 4º  e polas integrantes do Club de Letras que, xunto a outros compañeiros de 1º de Bacharelato, participaron moi activamente na organización deste acto.           Este é o timelapse da colocación dos alumnos e o resultado final.             O alumnado de 1º e 2º ESO plasmou as súas mans nuns cadros que decorarán os corredores para ter sempre presente a necesidade de loitar contra a violencia e pola igualdade. 

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR E MISTERIO

Imaxe
  É o primeiro ano que convocamos o concurso de relatos de terror e estamos sorprendidos polo nivel dalgúns dos nosos escritores. As historias eran moi variadas: fenómenos paranormais, situacións cotiás  que producen terror ou ansiedade, fluír da conciencia de personaxes atormentados... As gañadoras foron: Elena Rodríguez Chas (1º BAC D) e, cun relato escrito a dúas mans, Uxía Platas Guerra e Xiana Villaverde Leis de 3º ESO C. Esperamos que a participación aumente en próximas convocatorias. Parabéns ás gañadoras!

CHEGOU O SAMAÍN

Imaxe
Un ano máis celebramos o Samaín con actividades relacionadas ca literatura de terror. Ademais da tradicional exposición no vestíbulo do instituto dos fondos máis terroríficos da nosa biblioteca, sempre vixiados polo noso esqueleto e o corvo do conto de Edgar Allan Poe, convocamos un concurso de relatos de terror para todos os que gusten da escritura e, para os de 1º e 2º de ESO, un concurso de deseño de cabazas. A participación no concurso de cabazas non foi moi numerosa, pero sí de moita calidade.  A gañadora do concurso foi Iria Adriana Alén Fernández de 1º ESO A. Parabéns!!