Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR

Imaxe
 Despois de varios meses de traslado de libros desde a vella biblioteca, chegou o momento de inaugurar oficialmente o novo espazo da biblioteca escolar. O día elixido non podería ser mellor: o Día do Libro. No acto inaugural estivo presente a concelleira de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Oleiros, María José Santos Zas,  e contou coa participación dun grupo de alumnos que leron textos seleccionados: Hugo Sierra (4º ESO A), Daniela Mariño (2º ESO C), Marina Paz (4º ESO A) y Felipe Polo (2º ESO C) Ademáis, o coro do IES María Casares, dirixido pola profesora Gracia Rodríguez Blanco, interpretou varios temas. A continuación,  podedes ver algunhas imaxes do acto e os vídeos da participación dos alumnos.

MURAL POLO DÍA DO LIBRO 2024

Imaxe
  Os alumnos de 1º e 2º ESO deron mostra das súas calidades artísticas deseñando as portadas dos seus libros favoritos nunha actividade organizada pola biblioteca escolar e o Equipo de Dinamización Lingüística. Con todas as portadas realizadas, elaboramos un colorido. mural no corredor de  entrada á biblioteca.

COLOQUIO CO ESCRITOR ISMAEL RAMOS NA BIBLIOTECA DO IES MARÍA CASARES

Imaxe
O luns 15 de abril pasou pola nosa biblioteca o escritor Ismael Ramos, coa finalidade de compartir a súas experiencias no mundo literario có noso alumnado de 4ª da ESO e de Literatura Galega Contemporánea de 1º Bach. Centrou a súa charla na súa traxectoria literaria no seu poemario Lixeiro , publicado por Xerais (Premio Nacional de Poesía Joven) e nun número concreto de artigos xa seleccionados dos publicados para elDiario.es .

ENCONTRO COA ILUSTRADORA E ESCRITORA ESTEFANÍA PADULLÉS

Imaxe
O alumnado de 2º da ESO do Agrupamento de Lingua Galega compartiu hoxe, 17 de abril do 2024, unha charla e coloquio coa autora de María Pita e o pirata, Estefanía Padullés, e publicado pola editorial Hércules da A Coruña. Ela creou un bo clima de comunicación entre a rapazada, interactuando con eles desde o comezo da charla da creadora de ilustracións.  Aprenderon as dificultades e complexidades do laborioso traballo desta ilustradora, que non cesa de darlle vida a súa inagotable fonte de imaxinación creadora, que atopa na natureza que lle rodea. Ademáis deixonos un fermoso bestiario, que xa luce na nosa biblioteca.  

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DA ESO DE CULTURA CLÁSICA E LATÍN A SANTA EULALIA DE BÓVEDA E LUGO ROMANO

Imaxe
Pridie Nonas Apriles, Pr. Non. Apr ., o alumnado de cultura e latín da ESO fixo un largo percorrido por terras luguesas, a ruta que nos chamamos Vestigia- Ἀρχαῖα , coa intención de descifrar a linguaxe das pedras e interpretar a   pegada e herdanza que nos quedou tras a romanización da Gallaecia.