Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

MULLERES QUE DERON PASOS

Imaxe
  Para conmemorar o 8 de marzo, o IES María Casares quixo deixar constancia da importante labor realizada por moitas mulleres nos campos máis diversos. Para iso, o equipo da biblioteca coa colaboración dos alumnos do Club de Letras e dos departamentos de Física e Educación Física, que aportaron as listas de mulleres destacadas nos seus ámbitos, decorou as escaleiras do instituto cuns vinilos nos que aparecen os nomes de mulleres de todas as épocas que realizaron una labor importante no desenvolvemento da ciencia, das letras e do deporte ou que conseguiron, co seu traballo e exemplo, que as  galegas deran pasos a favor da igualdade e dos dereitos das mulleres.  En cada escalón figura unha breve biografía das mulleres nomeadas.    Ademais, nas columnas da entrada, puxéronse uns vinilos, deseñados por Ana López Gullón, profesora de Debuxo,  nos que deixamos patente o  desexo de que o noso centro sexa un ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA.