Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
Para conmemorar o 8 de marzo levantamos un muro no que figuran os nomes de moitas mulleres que, ao longo da historia, destacaron polo seu traballo como pioneiras e como loitadoras polos dereitos da muller. Co lema escollido    quixemos simbolizar o traballo de todas esas mulleres que derrubaron (e seguen a derrubar) "muros". 

GAÑADORES DO I CAMPIONATO DE XADREZ

Imaxe
     Por primeira vez celebramos no IES María Casares un campionato de xadrez. A afección entre os nosos alumnos ven de lonxe e todos os días temos algunha parella de xogadores na biblioteca. Con grande nerviosismo, un grupiño de dez xogadores competiu para coñecer quen é o mellor xadrecista do noso centro. Pablo Menéndez Montero de 4º ESO E proclamouse campión ao gañar unha emocionante partida disputada contra o segundo clasificado, Carmelo Toledo Piñeiro de 3º ESO E. O terceiro e cuarto postos foron para Jorge Areal Allerich (3º ESO E) e Andrés Castellanos Castro ( 4º ESO D). Parabéns aos gañadores.           

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Imaxe
Como xa é tradición, ca chegada do Entroido celebramos unha festa na que todos gozamos dos disfraces, das máscaras, da música e da ledicia de compartir as habilidades artísticas dos alumnos e as alumnas do María Casares. En primeiro lugar, os diferentes cursos   desfilaron cos seus disfraces mostrando a súa creatividade. Despois, descubrimos que temos no noso instituto verdadeiros artistas que destacan como cantantes e bailaríns. As brillantes actuacións estiveron acompañadas polas delicias gastronómicas que venderon os alumnos de 4º de ESO. Os profesores tamén se animaron a participar activamente e escolleron traxes que estaban relacionados coa súa materia. E así, puidemos ver científicos, personaxes de distintas épocas, escritores do Grupo Nós redivivos, policías londinienses e incluso ao detective máis famoso da literatura, Sherlock Holmes.