GAÑADORES DO I CAMPIONATO DE XADREZ



     Por primeira vez celebramos no IES María Casares un campionato de xadrez. A afección entre os nosos alumnos ven de lonxe e todos os días temos algunha parella de xogadores na biblioteca. Con grande nerviosismo, un grupiño de dez xogadores competiu para coñecer quen é o mellor xadrecista do noso centro. Pablo Menéndez Montero de 4º ESO E proclamouse campión ao gañar unha emocionante partida disputada contra o segundo clasificado, Carmelo Toledo Piñeiro de 3º ESO E. O terceiro e cuarto postos foron para Jorge Areal Allerich (3º ESO E) e Andrés Castellanos Castro ( 4º ESO D).

Parabéns aos gañadores.




          

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

ENTROIDO 2025