Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

CONCURSOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER

Imaxe
  O 8 de marzo celebramos o Día da Muller e reivindicamos a necesidade de lograr xa, dunha vez por todas, a igualdade. É o momento de recordar a loita de moitas mulleres ao longo da historia, enfrontándose a una sociedade que non lles daba o lugar que lles correspondía. Este ano   decidimos organizar dous concursos que premiarán o voso talento artístico e literario. Un é un concurso de deseño de marcapáxinas baixo o lema “Por ser muller”. Outro é un concurso de relatos co que queremos reivindicar a figura das mulleres que nos marcaron na nosa vida. Sempre recordamos nesta data as mulleres que destacaron nas ciencias e nas letras, pero agora   queremos que as protagonistas sexan as nosas nais, as nosas avoas ou as nosas veciñas, esas mulleres que están ao noso carón axudándonos sempre, que traballaron arreo para criar aos seus fillos ou que foron pioneiras en postos de traballo tradicionalmente masculinos. Entregade os vosos traballos na biblioteca antes do 5 de marzo. Temos preparado

ENTROIDO 2021

Imaxe
  A celebración do Entroido en tempos de COVID   deixounos sen o tradicional desfile de comparsas. Non obstante, moitos alumnos e profesores mostráronse animosos e decididos a gozar da festa a pesar das estritas medidas de seguridade. Afortunadamente, o tempo acompañou ás máscaras e o sol luciu despois de moitos días de choiva.   O xurado, ao aire libre, observou con atención a saída de cada grupo. A tecnoloxía permitiu que o resto de alumnado e os profesores e profesoras seguisen o desfile en directo desde as aulas.   A experiencia mereceu a pena, pero esperemos que o próximo ano poidamos celebrar o Entroido todos xuntos, sen cámaras por medio e coa mesma alegría de sempre.