CONCURSOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER
O 8 de marzo celebramos o Día da Muller e reivindicamos a necesidade de
lograr xa, dunha vez por todas, a igualdade. É o momento de recordar a loita de
moitas mulleres ao longo da historia, enfrontándose a una sociedade que non
lles daba o lugar que lles correspondía. Este ano decidimos organizar dous concursos que
premiarán o voso talento artístico e literario. Un é un concurso de deseño de marcapáxinas
baixo o lema “Por ser muller”. Outro é un concurso de relatos co que queremos
reivindicar a figura das mulleres que nos marcaron na nosa vida. Sempre
recordamos nesta data as mulleres que destacaron nas ciencias e nas letras,
pero agora queremos que as protagonistas
sexan as nosas nais, as nosas avoas ou as nosas veciñas, esas mulleres que
están ao noso carón axudándonos sempre, que traballaron arreo para criar aos
seus fillos ou que foron pioneiras en postos de traballo tradicionalmente
masculinos.
Entregade os vosos traballos na biblioteca antes do 5 de marzo. Temos
preparados agasallos sorpresa para todos os gañadores.


Comentarios
Publicar un comentario