Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

LITERATURA DE TERROR PARA O SAMAÍN

Imaxe
  A literatura de terror é un xénero que busca asustar, causar nos lectores sentimentos de horror e medo. Que mellor momento do ano para coñecer aos máis importantes escritores deste tipo de literatura e os seus personaxes! Na biblioteca podedes atopar numerosos títulos para pasar unha terrorífica noite de Samaín. Agradecemos a Ariadna García (2º BAC B) o   debuxo do protagonista de O resplandor , no que captou todo o horror que produce o actor Jack Nicholson na famosísima película.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Imaxe
  Como este curso as visitas á biblioteca están moi limitadas, informaremos  das novidades nos taboleiros que están no primeiro andar. Ademais, tedes a vosa disposición exemplares de todos os libros de lectura fixados polos departamentos didácticos. 

BENVIDA AO CURSO 2020-2021

Iniciamos un curso incerto e diferente. A distancia de seguridade que temos que manter impídenos abrir a biblioteca nos recreos para que podades estudar, buscar as vosas lecturas o xogar ao xadrez. Como sabedes, a nosa biblioteca ocupa un espazo moi reducido e as necesidades de espazo do centro fan que teña que usarse como aula para algúns grupos. Por todo iso, establecemos o seguinte  protocolo de seguridade: PROTOCOLO COVID NA BIBLIOTECA   USO DA BIBLIOTECA E MEDIDAS HIXIÉNICAS ADOPTADAS -         A biblioteca permanecerá pechada nos recreos. -         Algunhas horas utilizarase como aula. Os lugares que poidan ser ocupados estarán sinalados gardando a distancia de seguridade. -         Antes de abandonar a biblioteca, cada usuario deberá limpar o posto que ocupara. -         Os libros terán que pasar catro horas en corentena polo que se depositaran nunha caixa e non poderán prestarse na mesma xornada na que foron devoltos. -         Non poderán usarse os ordenadores