ENTROIDO 2021
A celebración do Entroido en tempos
de COVID deixounos sen o tradicional
desfile de comparsas. Non obstante, moitos alumnos e profesores mostráronse
animosos e decididos a gozar da festa a pesar das estritas medidas de
seguridade. Afortunadamente, o tempo acompañou ás máscaras e o sol luciu
despois de moitos días de choiva.
O xurado, ao aire libre, observou
con atención a saída de cada grupo. A tecnoloxía permitiu que o resto de
alumnado e os profesores e profesoras seguisen o desfile en directo desde as
aulas.
A experiencia mereceu a pena, pero
esperemos que o próximo ano poidamos celebrar o Entroido todos xuntos, sen
cámaras por medio e coa mesma alegría de sempre.




Comentarios
Publicar un comentario