CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
Como xa é tradición, ca chegada do Entroido celebramos unha festa na que
todos gozamos dos disfraces, das máscaras, da música e da ledicia de compartir
as habilidades artísticas dos alumnos e as alumnas do María Casares.
En primeiro lugar, os diferentes cursos desfilaron cos seus disfraces mostrando a súa
creatividade. Despois, descubrimos que temos no noso instituto verdadeiros
artistas que destacan como cantantes e bailaríns.
As brillantes actuacións estiveron acompañadas polas delicias
gastronómicas que venderon os alumnos de 4º de ESO.
Os profesores tamén se animaron a participar activamente e escolleron
traxes que estaban relacionados coa súa materia. E así, puidemos ver científicos,
personaxes de distintas épocas, escritores do Grupo Nós redivivos, policías
londinienses e incluso ao detective máis famoso da literatura, Sherlock Holmes.



Comentarios
Publicar un comentario