LECTURAS PARA O VERÁN

Nos últimos días recibimos na biblioteca moitas novidades que podedes levar para gozar da lectura durante as vacacións de verán. Estes son algúns dos títulos:

 


Madialeva é o primeiro título da colección ‘Mulleres Ilustradoras’, que propón banda deseñada con perspectiva de xénero. Quen foron as mulleres galegas que cosían a roupa que conquistou o mundo?

Que soños gardaron os emigrantes que deixaron a aldea na procura de prosperidade?

Unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recente.



Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Estes libros falan de mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.



Dende os polos aos trópicos, por desertos e montañas, en bosques e granxas. Un catálogo darwiniano da fauna. 


 


Este libro busca achegar a todos os públicos,  a figura polifacética de Emilia Pardo Bazán a través de momentos da súa apaixonante vida. Sorprenderanos a nena curiosa e gran lectora, a muller namorada e independente e a autora de carácter, rebelde ao rol que se esperaba de toda dama nun ambiente social e familiar privilexiado. A través da lectura, o estudo e unha capacidade de traballo infinita, conseguiu ser recoñecida no seu tempo sobrepoñéndose, en non poucos momentos, ao desdén de moitos compañeiros e académicos.

 


O encontro entre un heroe mitolóxico e un xigante colosal só podía dar come resultado o nacemento dunha torre de lenda...
Deixa voar a túa imaxinación e descubre unha historia da Torre de Hércules que nunca che contaran. 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

ENTROIDO 2025