Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Imaxe
 Os actos conmemorativos do 25 de novembro consistiron este curso na elaboración, nas titorías dos grupos, dun muro dividido en dúas partes: o muro da culpa e o muro das ilusións. En ambos lados deste muro tentamos facer unha reflexión sobre o tema desta xornada sinalando todo o negativo e deixando tamén un lugar á esperanza. A biblioteca fixo tamén unha pequena exposición dalgúns dos seus fondos sobre a temática relacionada coa muller. Os alumnos de 4º ESO redactaron e leron un manifesto e, a continuación, o coro cantou unha emotiva canción en homenaxe ao movemento das mulleres afgás contra a lei talibán que lles prohibe falar e cantar en público. De seguido, podedes ver algunhas imaxes do acto e os vídeos da canción interpretada polo coro. 

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

  O concurso de portas de Samaín  tivo como gañadores aos grupos de 3º ESO B e de 2º ESO C, que recibirán como premio un almorzo saudable. No seguinte vídeo podedes ver o nivel tan alto que tivemos este ano na “terrorífica” decoración das portas. MOITOS PARABÉNS AOS GRUPOS GAÑADORES!!

CONCURSO DE DOCES DE SAMAÍN 2024

Imaxe
Un ano máis celebramos o Samaín con varias actividades participativas. A máis suculenta foi o concurso de doces, que permitiu aos membros do xurado degustar uns impresionantes pasteis e galletas cunha decoración “de medo”. A continuación, podedes ver unhas imaxes dos doces presentados e dos participantes.  Moitos parabéns a todos!!!