Publicacións

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS

Imaxe
Este curso o tema do tradicional concurso de postais de Nadal tiña que estar relacionado ca ciencia por tratarse dunha colaboración entre a Biblioteca e o Club de Ciencia.  O nivel  foi moi alto e fixo difícil a selección. Estas son as postais gañadoras:  O primeiro premio foi para Sabela Lage de 4º ESO D. O gañador do segundo premio foi Martín González Sanesteban de 1º ESO A. O terceiro premio foi para Marta Ferreira de 2º de Bacharelato C. As postais gañadoras e as finalistas expuxéronse no vestíbulo de instituto xunto aos premios, que   estaban   patrocinados por Frutas La Huerta, de Santa Cruz, que aportou unha espectacular cesta de frutas, e o Supermercado Gadis. Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Imaxe
Este ano a Biblioteca organiza o tradicional concurso de postais de nadal en colaboración co Club de Ciencia. A profesora Ana López, do Departamento de Debuxo, é a autora do cartel no que figuran as bases para todos aqueles que estean interesados en participar. A data límite para a entrega das postais é o 17 de decembro. Deberán entregarse na Biblioteca. Ánimo, que hai premios moi suculentos!

O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO No IES María Casares  quixemos mostrar a nosa repulsa contra a violencia de xénero organizando un concurso de microrrelatos. Os textos presentados expuxéronse no vestíbulo do instituto para facer reflexionar a todos. A gañadora do concurso foi a alumna Nora Khidroun de 2º ESO B. Ademais, o alumnado dalgúns grupos de 3º e 4º de ESO crearon uns poemas que ilustraron con debuxos que mostraban, con moita crueza, a tristeza que provocan as situacións de violencia contra as mulleres 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Imaxe
Na celebración do Samaín deste ano tivemos a visita de don Juan Tenorio e dona Inés, dous dos personaxes máis coñecidos da literatura española. A parella recibiu aos nosos alumnos no vestíbulo do centro. A súa presencia causou un certo estupor, non sabemos se pola sorpresa de atopar no noso centro a persoas de tanta importancia ou porque se asemellaban moito aos profesores Mónica e  Emiliano. Don Juan e dona Inés pasearon polos corredores saudando a todos aqueles que se acercaban a coñecelos. O propósito desta visita era recordarnos a todos a tradición de representar a famosa obra de José Zorrilla en  datas próximas ao Día de Todos os Santos. Ademais desta visita inesperada, colocamos no vestíbulo unha exposición dalgúns dos fondos de literatura de terror que podedes atopar na nosa biblioteca.

BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

Imaxe
        BENVIDOS AO CURSO 2018-2019                       Co inicio do curso, chegan á biblioteca novidades en literatura xuvenil. Estamos acondicionando uns andeis nos que poderedes atopar títulos de contido moi variado entre os que seguro   haberá moitos que sexan do voso gusto.                 Entre as novidades tedes os seguintes títulos:                               

Novo enderezo

Imaxe
 O curso 2018/2019 está en marcha, desde a biblioteca escolar presentamos este novo enderezo do blog mais queremos que teñades a oportunidade de consultar as entradas anteriores no enlace: Biblioteca do IES María Casares