Publicacións

DÍA DO LIBRO 2020

Imaxe

MULLERES QUE DERON PASOS

Imaxe
  Para conmemorar o 8 de marzo, o IES María Casares quixo deixar constancia da importante labor realizada por moitas mulleres nos campos máis diversos. Para iso, o equipo da biblioteca coa colaboración dos alumnos do Club de Letras e dos departamentos de Física e Educación Física, que aportaron as listas de mulleres destacadas nos seus ámbitos, decorou as escaleiras do instituto cuns vinilos nos que aparecen os nomes de mulleres de todas as épocas que realizaron una labor importante no desenvolvemento da ciencia, das letras e do deporte ou que conseguiron, co seu traballo e exemplo, que as  galegas deran pasos a favor da igualdade e dos dereitos das mulleres.  En cada escalón figura unha breve biografía das mulleres nomeadas.    Ademais, nas columnas da entrada, puxéronse uns vinilos, deseñados por Ana López Gullón, profesora de Debuxo,  nos que deixamos patente o  desexo de que o noso centro sexa un ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA. ...

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Imaxe
  Este ano os actos de celebración do Entroido estiveron moi concorridos. Foron moitos os alumnos e as alumnas que viñeron disfrazados dos temas máis diversos. Polos corredores atopamos personaxes de A volta ao mundo en 80 días , das series Peaky Blinders e Anatomía de Gray, de   Men in Black, de Toy Story, de Mario Bross, cos monos vermellos de A casa de papel, de Harry Potter, surferos, moteros, pitufos, superheroes, Mickey e Minnie Mouse e un longo etcétera. Os profesores tamén participaron constituíndo un grupo que parecía sacado directamente dos alegres anos 20.    Na imaxe podedes ver a todos os participantes posando para a posteridade.

VISITA DE YOLANDA CASTAÑO

Imaxe
Hoxe os alumnos de 1º de Bacharelato, grazas as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros, tiveron o pracer de escoitar á poeta Yolanda Castaño   nun   espectáculo poético-musical no que combinou a música, a imaxe e a palabra cunha sensibilidade que poucas veces temos a posibilidade de contemplar.

DÍA DOS NAMORADOS

Imaxe
      A celebración do 14 de febreiro veu este ano acompañada da poesía. Un grupo de alumnas de Literatura escribiu e ilustrou poemas de amor en todas as linguas que se imparten no instituto. O resultado do seu traballo expúxose no vestíbulo para que todos os interesados puidesen ler estes fermosísimos poemas.

EXPOSICIÓN DE CULTURA PORTUGUESA

Imaxe
    Durante uns días tivemos a oportunidade de gozar na biblioteca cunha interesante exposición de cultura portuguesa organizada por Xavier Rodo, profesor de Portugués. Libros, películas e música estiveron a disposición de todo o alumnado e os profesores para coñecer un pouco máis a cultura do país veciño. Nas imaxes podedes ver parte do material exposto. 

DÍA DA PAZ

Imaxe
  Este ano a celebración do Día da Paz correu por conta dos grupos de 1º e 2º de ESO que, previa petición da biblioteca, debuxaron as súas mans nas horas do titoría. Coa colaboración dos titores e dos alumnos, “tendemos” moitas mans para simbolizar a unión de todos na loita pola PAZ.   Ademais, aproveitando que os alumnos de Relixión realizaran uns preciosos murais, os rodeamos de mans de cores.   Moitas grazas a todos os participantes.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Imaxe
 A gañadora do concurso que tradicionalmente organiza a biblioteca polo Nadal foi Carlota González García que, no interior da súa postal, aconsella: "Non teñades medo a ser felices!"                                 BO NADAL E FELICES VACACIÓNS !!! 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL

Imaxe
Chega o Nadal, o tempo de disfrutar das vacacións e da lectura. Nos paneis do vestíbulo atoparedes algunhas suxerencias que veñen en forma de estrela e de fruto da nosa árbore. Podedes pasar pola biblioteca e levar os libros que queirades para ler nestas festas.  Bo Nadal!!