Publicacións

PRESENTACIÓN DA NOVA MASCOTA DA BIBLIOTECA

Imaxe
  A piques de rematar o primeiro trimestre do curso 24-25 imos desvelar o misterio que tiña envolvido a nosa biblioteca desde o mes de outubro, onde se buscaba una mascota para ese recuncho tan especial do noso centro. Por esta sala da biblio pasaron todo tipo de seres, pasaron dragóns, crocodilos, osos panda e non panda, gatos e outros fantásticos seres, pero o que chegou para quedarse, foi o que nos trouxeron as alumnas de terceiro da ESO, Leire García Pico e Enma Méndez Fernández , gañadoras deste certame na busca dunha mascota. Parabén a estas fabulosas artistas e grazas a súa imaxinación inesgotable. E sen máis preámbulos desvelamos a nosa mascota que aínda está sen bautizar, e aquí está.

Ler no Nadal

Imaxe
  Agora que se achega o Nadal é o momento de elixir as lecturas que nos acompañarán durante as vacacións. Como sabedes, na biblioteca podedes atopar libros de temáticas diversas que se adecúen aos vosos gustos. Xunto á porta, tedes as novidades de divulgación. No estante pequeno, lecturas sobre temática LGTBIQ+ e relacionadas coa muller e o feminismo. Nos andeis máis altos, literatura en diferentes linguas, arte, historia, filosofía... E non vos esquezades de botar unha ollada aos cómics! Nas imaxes podedes ver a orixinal árbore de Nadal deste ano, feito de xeito sostible e con materiais reciclados. 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Imaxe
 Os actos conmemorativos do 25 de novembro consistiron este curso na elaboración, nas titorías dos grupos, dun muro dividido en dúas partes: o muro da culpa e o muro das ilusións. En ambos lados deste muro tentamos facer unha reflexión sobre o tema desta xornada sinalando todo o negativo e deixando tamén un lugar á esperanza. A biblioteca fixo tamén unha pequena exposición dalgúns dos seus fondos sobre a temática relacionada coa muller. Os alumnos de 4º ESO redactaron e leron un manifesto e, a continuación, o coro cantou unha emotiva canción en homenaxe ao movemento das mulleres afgás contra a lei talibán que lles prohibe falar e cantar en público. De seguido, podedes ver algunhas imaxes do acto e os vídeos da canción interpretada polo coro. 

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

  O concurso de portas de Samaín  tivo como gañadores aos grupos de 3º ESO B e de 2º ESO C, que recibirán como premio un almorzo saudable. No seguinte vídeo podedes ver o nivel tan alto que tivemos este ano na “terrorífica” decoración das portas. MOITOS PARABÉNS AOS GRUPOS GAÑADORES!!

CONCURSO DE DOCES DE SAMAÍN 2024

Imaxe
Un ano máis celebramos o Samaín con varias actividades participativas. A máis suculenta foi o concurso de doces, que permitiu aos membros do xurado degustar uns impresionantes pasteis e galletas cunha decoración “de medo”. A continuación, podedes ver unhas imaxes dos doces presentados e dos participantes.  Moitos parabéns a todos!!!

SAÍDA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE A CORUÑA NO CASTELO DE SAN ANTÓN

Imaxe
  Ás dez treinta horas do día 29 de outubro o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3° de ESO e  4° de ESO  comenzaron o seu percorrido dun parasanga desde o IES María Casares ao Castelo de San Antón, coa finalidade de coñecer de primera man os restos arqueolóxicos romanos e castrexos ou galiacos no seu contexto. A expedición foi todo un éxito,   ergo  estamos feitos uns romanos galaicos!!!

CHEGOU O SAMAÍN...

Imaxe
  Un curso máis celebramos á chegada do Samaín con varias actividades: concurso de decoración de portas, concurso de doces, decoración de cabazas... A tradicional exposición dos fondos de literatura de terror e misterio da nosa biblioteca non pode faltar. Podedes ver algúns deles no vestíbulo de entrada ao centro. Se estades interesados nalgún título, non dubidedes en vir preguntar á biblioteca. Xa sabedes que… A vida non é divertida sen un bo susto!!!!

BENVIDOS Á BIBLIOTECA!!!

Imaxe
 Despois dun ano de transición, empezamos o curso con enerxías renovadas no novo espazo da biblioteca. Non está aínda todo feito, pero xa podemos gozar da comodidade dun lugar de estudo e de lectura apropiado. Disfruta das túas lecturas nos nosos recunchos!! Benvidos ao curso 2024-2025!!

VISITA DOS FUTUROS ALUMNOS DO IES MARÍA CASARES

Imaxe
  Estes días recibimos a visita dos alumnos de 6º do CEIP Isidro Parga Pondal e do CEIP Luis Seoane. A finalidade é que coñezan o instituto e afronten con máis tranquilidade o paso á unha nova etapa escolar. Na imaxe podedes ver un grupo coñecendo a nosa biblioteca escolar. Benvidos!!