I CAMPIONATO DE XADREZ IES MARÍA CASARES



Ao longo desta semana celebramos o I Campionato de Xadrez IES María Casares. O grupo de alumnos afeccionados, que todos os recreos ven a Biblioteca a xogar unha partida, está a competir para lograr o título de campión do instituto. Colocamos as mesas cos taboleiros no vestíbulo do segundo andar do centro para que os compañeiros  e outros afeccionados que non se decidiran a inscribirse nesta edición seguisen as partidas. Esperamos poder repetir esta experiencia nos próximos cursos.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

ENTROIDO 2025