CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Para celebrar o Día do Libro organizamos, conxuntamente co Club de Ciencia,
unha exposición na que incluímos títulos de novelas que teñen como tema a
ciencia, manuais, guías de natureza e obras que abordan a necesidade de coidar
o medio ambiente. Esta exposición, que se ven convertendo nunha tradición, está
pensada para achegar o tema da ciencia a todo o alumnado, fomentar a súa
curiosidade polos aspectos científicos e animalos a participar nas apaixonantes experiencias que leva a cabo o Club de Ciencia.
Ademais, pensamos que
sería interesante dar visibilidade ao libro e aos numerosos lectores que temos
no noso centro. Por iso, fixemos un mural con fotos nas que membros da nosa
comunidade educativa aparecen lendo en diferentes espazos. A calidade de moitas
das fotografías é sorprendente, así como a imaxinación que demostraron algúns
dos participantes creando escenarios de grande calidade artística para os seus
libros preferidos.
Moitas grazas a todos os participantes!




Comentarios
Publicar un comentario