NOVIDADES NA BIBLIOTECA


                                       
Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de A dúbida desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En A dúbida a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores.
María Reimóndez Meilán, nada en Lugo en 1975, é unha escritora galega, doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.
María Reimóndez escribe dende os seis anos, aínda que o seu primeiro libro publicado é de 2002 (Moda Galega). Na súa mocidade foi gañadora de varios premios.
Da mesma autora, na BIBLIOTECA:
Moda galega
O club da calceta


Vivir sen permiso e outras historias de Oeste
Manuel Rivas
 
Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. En O medo dos ourizos, dous mozos mariñeiros, que subsisten en precario, atopan no mar un tesouro, fardos procedentes do narcotráfico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida. En Vivir sen permiso, Nemo Bandeira, un poderoso magnate que levantou o seu imperio por medios ilícitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo íntimo, inesperado e invencíbel. En Sagrado mar, un mozo presidiario, apaixonado pola lectura, ten que enfrontarse non só co sistema carcerario, senón tamén co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo no interior da cadea.  

                     


 Despois da Ollos de auga e A praia dos afogados…
 A filla do doutor Andrade vive nuna casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira. Alí, as mariscadoras traballan na area, os mariñeiros guindan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a unha comida familiar na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E aínda que nada pareza ter alterado a casa nin a vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña comprobará que, na vida coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de devastadoras correntes.







Aurelio prepara la selectividad recluido en casa, mientras su familia disfruta de unas vacaciones en París. Intenta concentrarse en el estudio, pero se distrae al ver unos individuos de apariencia sospechosa rondando por la urbanización. Uno de ellos llama a la puerta y le informa de que buscan a una loca peligrosa que se ha escapado del sanatorio donde estaba internada.
Al encerrarse a estudiar de nuevo, Aurelio descubrirá que no está solo: una joven, presumiblemente la fugitiva, se ha colado en su casa. Pronto, el chico descubrirá que Marijka, la joven fugada, tiene una historia muy diferente que contar, ya que se ha escapado del proxeneta que quiere obligarla a prostituirse.

  


Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos.Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion& cool & chic& sexy.
                                                                




Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego poderiamos traducir por «Cómic Poético».

 40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis salientables da escena galega




Fiz tiene tres años y es el niño más puerco del mundo. Le gusta todo lo escatológico, como hablar con las cacas o hacer cuadros con mocos. Y ahora, Fiz ha descubierto que de mayor quiere ser ¡dibujante de cómic!. Sigue paso a paso a Fiz en su misión de crear un tebeo a través de este curso con historietas y ejercicios. Paso a paso te irá explicando qué es lo que se debe hacer... Aunque al pobre no le salga nada bien. ¡Saca los lápices y ven a pasártelo en grande junto a Fiz, el niño más puerco del mundo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

DERRUBANDO MUROS CONTRA A VIOLENCIA