CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro celebramos a data de nacemento de Rosalía de Castro. Este é o primeiro ano que o Día de Rosalía celébrase o 23 en lugar do 24. A causa deste cambio é o descubrimento do expediente matrimonial de Rosalía e Manuel Murguía no que figura unha declaración da nai da escritora na que indica que a autora naceu o día 23, sendo o 24 a data do seu bautismo.

Para conmemorar esta data, organizamos una exposición sobre a figura de Rosalía e a súa relevancia na sociedade actual. Ademais, os alumnos puideron participar nun concurso no que tiñan que recoñecer as distintas linguas nas que está traducido o poema “Adiós ríos, adiós fontes”. 









Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

ENTROIDO 2025